Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36618

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2012 pola que se fai público o resultado do proceso de selección das entidades colaboradoras na xestión das subvencións para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, cofinanciadas co Feader, en réxime de concorrencia non competitiva (procedemento administrativo MR704A).

Pola Resolución do 25 de xuño de 2012 regúlase a selección das entidades colaboradoras na xestión das subvencións para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, cofinanciadas co Feader, en réxime de concorrencia non competitiva, apróbanse as bases reguladoras das ditas subvencións e convócanse para o ano 2012 (DOG nº 127, do 4 de xullo).

Con data do 6 de setembro de 2012 resolveuse estimar seis solicitudes de obtención da condición de entidade colaboradora e o 11 de setembro asináronse os convenios de colaboración entre Agader e as entidades colaboradoras, de acordo co previsto no artigo 12 das bases reguladoras.

Segundo dispón o punto terceiro da Resolución do 25 de xuño polo que se convocan as subvencións para o ano 2012, o prazo para presentar solicitudes de axuda comezará o día seguinte ao da publicación no DOG da relación de entidades colaboradoras seleccionadas. A presentación de solicitudes realizarase necesariamente a través de calquera das entidades colaboradoras seleccionadas.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Facer público, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Agader http://agader.xunta.es, o resultado do proceso de selección das entidades colaboradoras na xestión das subvencións para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite.

A relación de entidades colaboradoras seleccionadas xúntase a esta resolución como anexo.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2012

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Entidade colaboradora

Enderezo

Correo electrónico

Teléfono gratuíto

Web

Duo Telecomunicaciones, S.L.

R/ Luis Otero, 2-baixo, dta., 36005 Pontevedra

duo@duoteleco.es

900 37 35 14

www.internetporsatelite.duoteleco.es

Eurona Wireless Telecom, S.A.

Estrada de L´Hospitalet 11, Nau 4, Cornellá de Llobregat, 08940 Barcelona

atencionalcliente@eurona.net

900 85 08 08

www.eurona.net

Intermax Technology, S.L.

R/ Alexandre Bóveda, 5, 15800 Melide (A Coruña)

info@redintermax.com

900 86 69 72

www.redintermax.com

Mira Novas Tecnoloxías, S.L.

R/ Valle Inclán, 2A-1º, A Ramallosa, 36370 Nigrán (Pontevedra)

contacto@internetrural.eu

900 86 69 56

bandalargarural.eu

Operadora Tripla, S.L.

Buxelle, 38, Bendoiro, 36512 Lalín (Pontevedra)

tripla@tripla.es

900 80 40 64

www.tripla.es

Quantis Global, S.L.

R/ Marie Curie, 5-7, Edif. Alfa, 3º-7, Rivas Vaciamadrid, 28521 Madrid

bandalarga@quantis.es

www.quantis.es