Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36697

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Academia de Farmacia de Galicia

ANUNCIO de provisión de dúas vacantes de académicos de número.

Anuncio de provisión de dúas vacantes de académicos de número, unha correspondente ao grupo de licenciados en Farmacia e unha en Ciencias Afíns, medallas 24 e 25, respectivamente, en posesión do título de doutor.

As solicitudes virán acompañadas dos seguintes documentos:

– Solicitude dirixida ao presidente da Academia de Farmacia de Galicia, en que conste a condición de ser español, residente en Galicia, compromiso de aceptar os procedementos internos da Academia e número de medalla ou medallas a que opta.

– Candidatura avalada por tres académicos de número, ou dous de número e un emérito.

– Currículum vitae, cunha extensión máxima de 10 páxinas DIN A-4 e en formato dixital.

A presentación de solicitudes farase por correo certificado dirixido á Secretaría da Academia de Farmacia de Galicia, sita na rúa de San Roque nº 2, 15704 Santiago de Compostela, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2012

Isaac Arias Santos
Presidente da Academia de Farmacia de Galicia