Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36563

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas do programa correspondente ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2012 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 5 –Procedemento– das condicións xerais da convocatoria de acción social do ano 2012 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, á cal se lle deu publicidade por medio da Resolución do 8 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 127, do 4 de xullo; esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro. Aprobar as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas do programas III (axuda discapacidades).

En aplicación da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal, a admisión ou a exclusión dos solicitantes do programa III (axuda discapacidades) comunicarase persoalmente aos interesados.

Segundo. Os/as solicitantes destes programas poderán formular alegacións no prazo de 15 días naturais a partir do seguinte ao da notificación desta resolución, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no dito punto 5 do acordo sobre criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio 2012. A presentación da documentación cómpre facela nos rexistros xerais dos órganos administrativos establecidos no artigo 38 da mencionada Lei 30/1992 e dirixilos á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (praza de Europa, 5A-4º, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2012

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza