Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36490

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

CONVOCATORIA de axudas de acción social para o persoal deste consello para o exercicio 2012.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia en reunión do 5 de xullo de 2012 aprobou as bases reguladoras para a concesión de axudas ao seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2012: axudas para a atención a discapacitados. As ditas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2012

Luciano Fariña Busto
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia