Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36548

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Antas de Ulla

ANUNCIO polo que se fai pública a solicitude de licenza municipal para ampliación de explotación de coellos no Castro de Amarante.

Solicitando desta alcaldía María del Pilar García Porto , con DNI nº 76577225-J e domicilio na avenida de Pontevedra nº 5, 3º A, 27570 Antas de Ulla (Lugo), licenza municipal para obras e actividade de ampliación de explotación de coellos situada na parcela nº 248, polígono nº 81, no Castro de Amarante, Antas de Ulla, en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Antas de Ulla, 12 de setembro de 2012

Javier Varela Pérez
Alcalde