Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axudas e subvencións ao Programa para a promoción do emprego autónomo, xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación no último domicilio coñecido da interesada sen que esta se puidese efectuar, notifícase á empresa citada no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste edicto, debidamente representada na sede do servizo de Promoción de Emprego da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, avenida Salvador de Madariaga, 9-1º A Coruña, (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolles de que, non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

A Coruña, 3 de agosto de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expedientes: TR40K 2008/131-1 e TR340K 2008/132-1.

Nome: Instalaciones Torresierra, S.L.

CIF: B70128616.

Último enderezo coñecido: rúa Mahón, 27. 15100 Carballo (A Coruña).

Feito imputado: negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro.

Precepto infrinxido: artigo 13 da Orde do 19 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego.

Contido da resolución: inicio do procedemento do reintegro das axudas.