Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente IN407A 2012/65-2, 8034 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Pizarras Vilarbacú, S.L.

Domicilio social: r/ estrada de Veigamuíños, nº 156, 32200 O Barco de Valdeorras.

Denominación: proxecto para documentar liña de MT 20 kV para a súa cesión a Fenosa e proxecto de liña de MT 20 kV e CT de 160 kVA para alimentación a explotación de lousa en Pacios de A Serra.

Situación: concello de Quiroga.

Características técnicas:

– LMTA existente, con orixe nun pórtico existente propiedade de Fenosa, no cal se produce a derivación á localidade de Pacios de A Serra, e final nun apoio proxectado tipo HVH-2500/14, cunha lonxitude de 1.187 metros en condutor tipo LA-30 tensado sobre apoios metálicos e de formigón.

– LMTA proxectada, con orixe no apoio proxectado HVH-2500/14 e final no CTI Pizarras Vilarbacú, cunha lonxitude de 666 metros en condutor tipo LA-56 tensado sobre apoios de formigón.

– CTI Pizarras Vilarbacú, instalado sobre apoio de formigón cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 13 de agosto de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo