Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2012 pola que se fai pública a formalización dun contrato de servizos, suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 138.2 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

* «Servizo de centro de xestión informática e oficina técnica de proxectos»

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Departamento Económico-Financeiro.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16427

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo de servizos, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: servizo de centro de xestión informática e oficina técnica de proxectos.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 180.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 20 de setembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato:

300.000,00 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 300.000,00 euros. Importe total: 354.000,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de xullo de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 31 de agosto de 2012.

c) Contratista: Tecnocom, Telecomunicaciones y Energía, S.A.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 285.000,00 euros. Importe total: 336.300,00 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia