Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36092

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 187/2012, do 13 de setembro, polo que se dispón que cese José Manuel Cores Tourís como delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 31 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de setembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, e con efectos do día dezasete de setembro, José Manuel Cores Tourís, como delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, trece de setembro de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza