Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de agosto de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador e de reposición da legalidade SIL/106/2012 a Clotilde Rodríguez Rodríguez, devolto polo servizo de Correos por resultar a destinataria descoñecida.

A xefa do Servizo de Inspección do Litoral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data 24 de xullo de 2012, acordou a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade número SIL/106/2012, entre outros, a Clotilde Rodríguez Rodríguez, por actuacións abusivas sen a preceptiva autorización autonómica dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar camiño O Portiño, Saiáns, termo municipal de Vigo (Pontevedra).

Ao non se poder realizar a notificación persoal do dito acordo, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que se pretenda valer.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística