Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Silleda (expediente IN407A 2012/166-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización dunha instalación de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Domicilio social: avda. do Parque,11-apdo. 6, 36540 Silleda.

Denominación: modificación CT Paredes Viejo.

Situación: Silleda.

Características técnicas: LMT aérea a 20 KV con condutor LA-56 de 40 metros de lonxitude con orixe na LMT Escuadro-Fontefría, que da servizo ao CT actual que se vai desmontar, e final no novo CT proxectado Parades Viejo. Centro de transformación intemperie de 50 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en Paredes, Escuadro, Silleda. Tramo de rede de BT de 40 metros para conexión coa RBT existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de xullo de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra