Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35839

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública sobre un proxecto de acondicionamento de nave industrial para actividade de exposición, venda e taller de produtos de ferro e aceiro inoxidable.

Argali Sistemas, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para o proxecto de acondicionamento de nave industrial para unha actividade de exposición, venda e taller de produtos de ferro e aceiro inoxidable, na parcela C-01 do parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea, do concello de Castro de Rei.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período –que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 6 de setembro de 2012

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde