Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35841

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO de información pública sobre modificación puntual de normas subsidiarias en Touza.

Con data do 17 de agosto de 2012 o Pleno do Concello de Maside acordou por unanimidade a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal na rúa Camiño Sampaio e a súa contorna, na localidade da Touza, expediente que se encontra nas dependencias municipais. Este expediente sométese a información pública durante o prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de novembro, de protección urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro. O ámbito obxecto desta modificación está situado na parroquia da Touza (zona rúa Camiño Sampaio e a súa contorna).

Maside, 21 de agosto de 2012

José Manuel Iglesias Araújo
Alcalde accidental