Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial en Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de residuos LU-RES 2012/042.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentenda dúas veces a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola instrutora do expediente sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla nº 70-2º do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do plazo fixado.

Lugo, 21 de agosto de 2012

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2012/042.

Interesada: Marián Cretu.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.