Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2012 Páx. 35757

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública sobre licenza de apertura e funcionamento dunha instalación de montaxes e mantementos industriais.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente núm. 2010/047/27 que se tramita por instancia de Mª Eugenia Gayol López, en representación de Ati Sistemas, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento dunha instalación de montaxes e mantementos industriais, que se vai instalar na parcela I-5 do polígono industrial de Bergondo, deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público no Servizo de Urbanismo deste concello, co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que teñan por conveniente.

Bergondo, 2 de maio de 2012

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa