Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2012 Páx. 35623

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 3 de setembro de 2012 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería, convocado pola Orde do 11 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 24 de maio).

Mediante a Orde do 11 de maio de 2012 (DOG do 24 de maio) convocouse concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

En aplicación do disposto no artigo 7 da citada convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos postos obtidos no concurso público convocado pola referida orde.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 8 da citada orde, o persoal seleccionado deberá incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro de 2012, e cesará no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano.

As prazas adxudicadas serano en comisión de servizos, por un período dun ano prorrogable, e un máximo de seis e con reserva do posto de traballo de orixe, de acordo co disposto no punto 2 do artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Denominación da praza

Valcarce Fernández, Mª Mercedes

34936296-D

Escola de especialidades fundamentais da Estación Naval da Graña-Ferrol (A Coruña)

Pereira Romero, José Luis

32665110-G

Escola de especialidades fundamentais da Estación Naval da Graña-Ferrol (A Coruña)

Estévez Diéguez, José Manuel

33859854-J

Escola de especialidades Antonio de Escaño-Ferrol (A Coruña)

Fernández Martínez, Alfredo Emilio

32648938-R

Escola de especialidades Antonio de Escaño-Ferrol (A Coruña)

Rodríguez Pérez, Ana María

79324750-G

Escola de especialidades fundamentais da Estación Naval da Graña-Ferrol (A Coruña)

Souto Grandal, María Elvira

32643759-C

Escola de especialidades Antonio de Escaño-Ferrol (A Coruña)

Cao Piñeiro, Luis Ángel

32636722-K

Escola de especialidades Antonio de Escaño-Ferrol (A Coruña)