Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2012 Páx. 35659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2012/191-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LAT 66 kV Pontesampaio-Cangas II, alimentación Cangas II (anteproxecto).

Situación: Cangas.

Características técnicas: liña de alta tensión subterránea a 66 kV, con condutor RHZ1 de 1.826 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 118 da LAT 66 kV Pontesampaio-Cangas, no cal se realiza un paso aéreo subterráneo (PAS) e final na nova subestación Cangas II (1.696 metros de tendido, desde o apoio 118 PAS realízanse aproveitando os tubos da canalización existente da LAT 66 kV DC Lourizán-Cangas). A instalación está situada en Cangas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o anteproxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial