Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2012 Páx. 35621

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 657/2011, interposto por Sara López González.

A Dirección Xeral da Función Pública, recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 657/2011, interposto por Sara López González, contra a desestimación por silencio administrativo do recurso de alzada contra a Resolución do 15 de outubro de 2010 do tribunal nomeado pola Orde do 4 de setembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 179, do 11 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, pola que se fan públicos diversos acordos do tribunal.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública