Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 141/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS 15 kV para alimentar a un CS na avenida de Rutis.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20, cunha lonxitude de 0,053 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS existente SMC-705 ente o CT Vilaboa Pazo e o CT Colexio Home, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, (1×240 mm² Al), e final en empalmes na LMTS existente SMC-705 entre o CT Vilaboa Pazo e o CT Colexio Home, tras realizar entrada e saída no novo CS.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de agosto de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña