Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica da liña de 132 kV subestación Galfor, no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2012/36-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Cie Galfor, S.A.

Domicilio social: polígono industrial, rúa 2, s/n, 32901 San Cibrao das Viñas.

Denominación: línea de 132 kVA subestación Galfor.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 1.400 m con condutor RHZ1 (1×400) AL 76/132 kV, con orixe na subestación San Cibrao das Viñas e remate na subestación Cie Galfor (proxectada noutro expediente). Orzamento: 447.352 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 18 de xullo de 2012

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 xuño)
A. Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial