Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35468

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

3. Data: do 24 ao 28 de setembro de 2012.

4. Lugar de realización: Lonxa de Lira, Portocubelo, s/n. 15292 Lira (Carnota), A Coruña.

5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa:

Día 24.9.2012

16.00-17.00 h

Introdución. Lexislación.

17.00-18.30 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

18.30-20.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

Día 25.9.2012

16.00-17.30 h

Métodos de loita antivectorial.

17.30-20.00 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

Día 26.9.2012

16.00-17.00 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

17.00-18.30 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

18.30-20.00 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 27.9.2012

16.00-17.00 h

Preparación de disolucións de produtos.

17.00-18.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

18.00-20.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

Día 28.9.2012

16.00-18.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

18.00-20.00 h

Resolución de exercicios prácticos.

20.00-21.00 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderán solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2012

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 24 ao 28 de setembro de 2012.

Lugar de celebración do curso: Lonxa de Lira, Portocubelo, s/n. 15292 Lira (Carnota), A Coruña.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: do 24 ao 27 de setembro, das 16.00 ás 20.00 horas e o 28 de setembro das 16.00 ás 21.00 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico: saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

Fax:

Correo electrónico: