Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2012, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de transporte de persoal sanitario facultativo e sanitario non facultativo desde os puntos de atención continuada e zonas especiais de urxencias aos puntos onde se requira asistencia sanitaria dentro do seu ámbito territorial (AB-XPL1-12-012).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Xerencia de Atención Primaria de Lugo. Departamento de Contratación Administrativa.

2) Enderezo: praza de Ferrol, nº 11-4º andar.

3) Localidade e código postal: Lugo 27001.

4) Teléfono: 982 29 63 29 - 982 29 62 29 - 982 29 70 77 - 982 29 62 09.

5) Telefax: 982 29 62 28.

6) Correo electrónico:

ContratacionAdm.XAPL@sergas.es ou fermin.janeiro.lopez@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-XPL1-12-012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de transporte de persoal sanitario facultativo e sanitario non facultativo desde os puntos de atención continuada e zonas especiais de urxencias aos puntos onde se requira asistencia sanitaria dentro do seu ámbito territorial.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si (36 lotes). Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

2) Localidade e código postal: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: un ano.

f) Admisión de prórroga: si. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 60120000-5/60140000-1/85143000-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: criterios valorables de forma automática por aplicación de fórmulas. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: un millón oito mil setecentos tres euros con setenta céntimos (1.008.703,70 €).

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: cincocentos catro mil trescentos cincuenta e un euros con oitenta e cinco céntimos (504.351,85 €). Importe total: cincocentos corenta e catro mil setecentos euros (544.700,00 €).

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 24.9.2012.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

2) Enderezo: praza de Ferrol, nº 11, planta baixa.

3) Localidade e código postal: Lugo 27001.

4) Enderezo electrónico:

ContratacionAdm.XAPL@sergas.es ou fermin.janeiro.lopez@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido):

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Data e hora: a data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura do sobre B e do sobre C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso): 17.8.2012.

12. Outras informacións:

Lugo, 6 de agosto de 2012

Ana Mª García Cedrón
Directora xerente de Atención Primaria de Lugo