Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 17 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol, A Coruña) para seren notificados por comparecencia de trámites de audiencia en expedientes de recursos contra o acordo da devandita zona, nos cales resultan afectados.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse aos interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 17 de agosto de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: trámite de audiencia.

Interesados:

Santiago Evia López

Concepción Barja Santiago

Herminia Barja Santiago

Manuel Barja Santiago

Teresa Barja Santiago

Juan Barja Santiago

Manuel Santalla Santiago