Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35154

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 10 de agosto de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a da Unidade de Quirófanos do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Unha vez convocada a provisión dun posto de traballo vacante no Complexo Hospitalario de Pontevedra, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario, e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, a Xerencia de Xestión Integrada, en virtude do establecido na Orde do 28 de setembro de 2011, pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos, resolve adxudicarlle o posto convocado á persoa que se indica no anexo desta resolución.

Pontevedra, 10 de agosto de 2012

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Posto de traballo: supervisor/a da Unidade de Quirófanos.

Nome e apelidos: Mª Pilar Fontán Crespo.

DNI: 35300569-P.