Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato de outorgamento da concesión de ocupación demanial (de determinados espazos do Hospital Montecelo, centros de saúde de Bueu e A Parda e edificio administrativo da avda. de Vigo) para a instalación, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas e produtos sólidos alimentarios (expediente AB-CHP1-12-003).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-CHP1-12-003.

d) Dirección da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: ocupación demanial.

b) Descrición: outorgamento da concesión de ocupación demanial (de determinados espazos do Hospital Montecelo, centros de saúde de Bueu e A Parda e edificio administrativo da avda. de Vigo) para a instalación, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas e produtos sólidos alimentarios.

c) Lote: único.

d) Medio da publicación do anuncio da licitación: DOG.

e) Data da publicación do anuncio de licitación: 18.4.2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11 de xuño de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 28 de xuño de 2012.

c) Contratista: Maxelga 93, S.L. (CIF: B-36711075).

d) Importe ou canon de adxudicación:

– Importe neto: 186.408 euros.

– Importe total: 186.408 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 6 de agosto de 2012

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés