Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 3 de agosto de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres devolta polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01550-O-2011).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles á empresa que a seguir se relaciona a resolución que o xefe territorial ditou no expediente sancionador instruído por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselle saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a interesada deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Novagalicia Banco ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lle sirva de notificación a interesada, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 3 de agosto de 2012

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción

imposta

PO-01550-O-2011

7624-DSF

Garda Civil 3601 R90807G

Transportes y Mudanzas Neno, S.L.

B36496669

Lugar de Novas-Atios, 23

36418 O Porriño (Pontevedra)

A realización de transporte privado en vehículo lixeiro de máis de 3,5 t de MMA carecendo de autorización.

26.9.2011; 09.00.00; AP-9; 137,500

Art. 142.25 LOTT, art. 141.13 LOTT, art. 199.25 ROTT, art. 198.13 ROTT

Art. 143.1.b) LOTT, art. 201.1.b) ROTT

400 euros