Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Leche de Galicia, S.L., para unha planta de envasado de leite UHT e a súa modificación, no concello de Vilalba (expediente de renovación 2012-IPPC-M-23).

Con data do 4 de abril de 2006 outorgouse a Leche de Galicia, S.L. a autorización ambiental integrada nº 2004/0191_NAA/IPPC_013 para unha planta de envasado de leite UHT no concello de Vilalba (Lugo). Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa publicidade no DOG, que se efectuou o 26 de novembro dese ano.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que transcorrido o prazo de vixencia da autorización esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– Solicitude de renovación da autorización ambiental integrada. Leche de Galicia, S.L. Proxecto básico.

– Solicitude de autorización ou de revisión de autorización de verteduras. Leche de Galicia, S.L.

– Construción dunha extensión dunha estación depuradora sobre o sitio de Vilalba. 29.2.2012.

– Ampliación de depuradora para fábrica de produtos lácteos. Leche de Galicia, S.L. Maio 2012.

– Proxecto de ampliación das instalacións de industria láctea situada na estrada de Meira-Sancovade. Ayuntamiento de Vilalba, Lugo. Novembro de 2009.

– Proxecto de ampliación das instalacións de fábrica de produtos lácteos (fase I) que se vai a situar na estrada de Meira, s/n, Sancovade. Concello de Vilalba. Lugo.

Co fin de que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os anteditos documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Concello de Vilalba (praza da Constitución, 1, 27800 Vilalba).

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental