A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo lles comunicarán aos organismos responsables, na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso.
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora.
Academia A Mariña.
3. Data.
Do 15 ao 31 de outubro de 2012, de luns a xoves.
4. Lugar de realización.
Academia A Mariña. Avenida Arcadio Pardiñas nº 44, entresollado. 27880 Burela (Lugo).
5. Número de prazas.
Máximo 30 alumnos.
6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección.
Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.
8. Presentación de solicitudes.
Solicitude segundo o modelo anexo.
9. Programa.
Día 15.10.2012 |
|
20.30-22.30 h |
Biocidas. Descrición e xeneralidades. |
Día 16.10.2012 |
|
20.30-22.30 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
Día 17.10.2012 |
|
20.30-22.30 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación dos biocidas. |
Día 18.10.2012 |
|
20.30-22.30 h |
Praguicidas e ambiente. Problemas que presentan. Destrución de envases. |
Día 22.10.2012 |
|
20.30-22.30 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
Día 23.10.2012 |
|
20.30-22.30 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
Día 24.10.2012 |
|
20.30-22.30 h |
Prácticas sobre o terreo en campo de árbores froiteiras. Técnicas de aplicación de biocidas. Preparación de disolucións. |
Día 25.10.2012 |
|
20.30-22.30 h |
Prácticas: primeiros auxilios ante a intoxicación por biocidas. Destrución de envases (I). |
Día 29.10.2012 |
|
20.30-22.30 h |
Destrución de envases (II). Interpretación de pictogramas e etiquetas (I). |
Día 30.10.2012 |
|
20.30-22.30 h |
Interpretación de pictogramas e etiquetas (II). Repaso xeral. |
Día 31.10.2012 |
|
20.30-21.30 h |
Realización do exame. |
10. Certificado de superación do curso.
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co cal lle poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2012
Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
– Entidade organizadora: Academia A Mariña.
– Datas: do 15 ao 31 de outubro de 2012, de luns a xoves.
– Lugar de realización do curso: Academia A Mariña. Avenida Arcadio Pardiñas nº 44, entresollado, 27880 Burela (Lugo).
– Duración: 20 horas teórico-prácticas e 1 hora de exame.
– Horario: do 15 ao 30 de outubro de 2012, das 20.30 ás 22.30 h, e o día 31 de outubro de 2012, das 20.30 ás 21.30 h.
– Nº de prazas: máximo 30 alumnos.
– Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición á Academia A Mariña, avenida Arcadio Pardiñas nº 44, entresollado, 27880 Burela (Lugo), á atención de Ramón Hermida Pumares.
Teléfono: 982 58 50 98, fax: 982 57 51 01, correo electrónico: formacion@amarina.org, acompañada de:
• Fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso de 273 €/alumno na conta da Academia A Mariña de Novagalicia Banco, co número 2080 0109 17 3040018023.
– Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.
Nome e apelidos
Data de nacemento
NIF/DNI
Enderezo
CP Localidade
Teléfono Correo electrónico