Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34880

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da UA 31.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 31.5.2012, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle da UA 31, sita no Petón-Meicende, para os efectos de dar cumprimento á sentenza nº 782/2003, do 30.10.2003, recaída no recurso contencioso-administrativo nº 02/4563/1999 (expediente 37/1998.PED).

Do dito acordo deuse traslado ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2, con data do 13.6.2012, para os efectos de comunicar o cumprimento da referida sentenza.

Así mesmo, a aprobación definitiva foi comunicada á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 14.6.2012, de acordo co establecido polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se prevén no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Recursos.

Contra o presente acordo non se poderá interpoñer ningún recurso ordinario pois efectúase en cumprimento dos estritos termos da sentenza citada declarada firme, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen oportuno.

Arteixo, 14 de xuño de 2012

P.D. (Decreto 989/2011, do 21.6.2011)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo