Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-73/12 e outros.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega, a resolución dos expedientes sancionadores, por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Novagalicia Banco Recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840 código 001 de Novagalicia Banco, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberán empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avda. Habana nº 79, 2º de Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición 2ª da Orde da Consellería de Economía e Facenda de 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 17 de agosto de 2012

Luis Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-73/12.

Denunciado: Ourense Graos, S.L.

NIF: B32423105.

Establecemento: Ourense Graos.

Enderezo: rúa Ramón Cabanillas, nº 18, Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola LO 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 150 euros.

Número de expediente: OU-E-78/12.

Denunciado: P. Nogueira & C. Cerdeira, S.L.

NIF: B32388894.

Establecemento: Matinée.

Enderezo: praza do Emigrante, nº 6, soto, O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola LO 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 210 euros.

Número de expediente: OU-E-85/12.

Denunciado: Dobarro y Casas, S.L.

NIF: B32404899.

Establecemento: Grease.

Enderezo: rúa Chamoso Lamas, nº 14, baixo, O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola LO 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 150 euros.