Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2012 Páx. 34734

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

ANUNCIO de corrección de erros das tarifas máximas do prego de prescricións particulares do Servizo Portuario de Amarre e Desamarre de Buques no porto de Vilagarcía de Arousa.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría, na súa sesión ordinaria do 30 de xullo de 2012, e á vista do informe da directora, adoptou o seguinte acordo:

Corrixir o erro detectado na contía das tarifas máximas recollidas no número 2, tarifas máximas, da cláusula 18 do prego de prescricións particulares do Servizo Portuario de Amarre e desamarre de Buques no Porto de Vilagarcía de Arousa, que queda, polo tanto, redactado da seguinte forma:

Tarifas máximas por servizo

GT do buque

Amarre/desamarre (€)

Ata 2.000

74,77

De 2.001 a 3.000

89,59

De 3.001 a 5.000

141,60

De 5.001 a 7.000

161,60

De 7.001 a 10.000

200,20

De 10.001 a 13.000

219,47

De 13.001 a 16.000

238,77

De 16.001 a 19.000

298,83

De 19.001 a 22.000

363,51

De 22.001 a 25.000

392,38

De 25.001 a 30.000

421,25

De 30.000 en diante

Por cada 5.000 GT ou fracción en exceso

55,49

Custo da hora de operario (€/h)

25,00

O devandito acordo atópase publicado no seguinte enderezo: www.portovilagarcia.es e exposto no taboleiro de anuncios desta autoridade portuaria.

Vilagarcía de Arousa, 8 de agosto de 2012

Sagrario Franco Malvar Mª Celeste Muñiz Otero
Presidenta da Autoridade Secretaria da Autoridade
Portuaria de Vilagarcía Portuaria de Vilagarcía
de Arousa e a súa ría de Arousa e a súa ría