Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2012 Páx. 34704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica do concello de Cerceda (expediente IN407A 106/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Enderezo: rúa José Ángel Valente, nº 17 local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CTC e RBTS San Amaro (Rodís-Cerceda).

Situación: concello de Cerceda.

Características técnicas:

Paso aéreo-soterrado.

Tensión nominal: 20 kV. Tipo: paso aéreo-soterrado para realizar no apoio s/n existente de tipo HVH-13/2.500 da LMT Mixón-A Silva (expediente 377/06) establecido no proxecto de LMT bucle A Silva e o CT grupo escolar (expediente 578/07) (UTM: 535.612; 4.778.742).

LMT soterrada a CT A Silva I.

Inicio de liña (UTM): cela de liña proxectada no CT A Silva I na cal se realizará unha mellora integral (expediente 8842) (UTM: 535.464; 4.778.751). Final de liña (UTM): paso aéreo-soterrada para realizar no apoio s/n existente de tipo HVH-13/2.500 da LMT Mixón-A Silva (expediente 377/06), establecido no proxecto de LMT bucle A Silva e CT grupo escolar (expediente 578/07) (UTM: 535.612; 4.778.724). Lonxitude: 304 m. Condutor: RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al). Tensión nominal: 20 kV.

Mellora do CT A Silva.

Tipo: compacto manobra exterior en caseta de obra civil. Illamento: aceite mineral.

Potencia 400 kVA. Relación de transformación: 20/0,4 kV. Protección contra sobretensións: termómetro de contactos. Protección contra sobreintensidades: fusibles de 20 A.

Saídas RBT soterrada de CT A Silva I.

Orixe: CT A Silva (expediente 8842). Lonxitude: 454 m. Condutores: XZ1-0,6/1KV-4(1×240 Al).

Nº de circuítos: 4.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial