Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2012 Páx. 34593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012037TA-PO por infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Con data do 22 de xuño de 2012, a xefa territorial da Xefatura Territorial de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador 2012037TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Andrea Laura García Hernández, con DNI 05312091-B, como titular do establecemento Bar Camerino.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Andrea Laura García Hernández, como titular do establecemento Bar Camerino, o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, número 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte. Todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia), do BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, e de Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 30 de xullo de 2012

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2012037TA-PO.

Denunciada: Andrea Laura García Hernández, con DNI 05312091-B, como titular do establecemento Bar Camerino.

Último domicilio coñecido: rúa Montero Ríos, número 48, 36930 Bueu (Pontevedra).

Feito imputado: infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos infrinxidos:

– A disposición adicional terceira establece que nos centros ou dependencias en que existe prohibición legal de fumar deberán colocarse na súa entrada, en lugar visible, carteis que anuncien a prohibición do consumo de tabaco.

Tipificación: unha infracción tipificada como leve no artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción: trinta euros (30 €).