Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2012 Páx. 34514

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Caramiñal

ANUNCIO relativo á aprobación inicial do proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto de urbanización correspondente ao solo urbanizable industrial SURD I.1 (ampliación do polígono industrial da Tomada).

A Xunta de Goberno Local, mediante acordo adoptado na sesión do 3 de agosto de 2012, presidida polo alcalde, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación para a obtención dos terreos necesarios para a execución do proxecto de urbanización correspondente ao solo urbanizable industrial SURD I.1 (ampliación do polígono industrial da Tomada).

De conformidade co establecido no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o devandito proxecto de expropiación a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente na Secretaría Municipal, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, para que durante o expresado prazo quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que considere convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

A Pobra do Caramiñal, 10 de agosto de 2012

Isaac Maceiras Rivas
Alcalde