O 13 de xullo de 2012 a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2012118AL-CO, incoado a Pastelería O Forno, S.L.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Pastelería O Forno, S.L. o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguintes; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 31 de xullo de 2012
Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2012118AL-CO.
Interesada: Pastelería O Forno, S.L.
DNI/NIF/CIF: B15085525
Último enderezo coñecido: A Ponte do Romaño 58, 15898 Santiago de Compostela.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigo infrinxido: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición; artigo 50.1.d) e e), e artigo 51.1, parágrafos 1º, 4º e 10º. Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a hixiene de produtos alimenticios; art. 4.3.c), artigo 5, anexo II, capítulo I, punto 1, 2.d), capítulo II, punto 1.c) e f), capítulo V, punto 1 e capítulo X.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 1.200 € (mil douscentos euros).