Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34151

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de corte e construción de balsa de zurro en San Cibrao (San Cibrao de Monte de Meda).

Mª Carmen Buján López solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de corte e construción de balsa de zurro que se situará en San Cibrao-San Cibrao de Monte de Meda. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Guntín, 17 de agosto de 2012

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde