Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se se fai público o requirimento de documentación no programa para a promoción do emprego autónomo.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación no último domicilio coñecido da interesada sen que esta se puidese practicar, notifícase á empresa citada no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste edicto, compareza debidamente representada na sede do Servizo de Promoción Emprego da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, avenida Salvador de Madariaga, 9-1º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolle que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

A Coruña, 2 de agosto de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expedientes: TR40K 2008/105-1 e TR340K 2008/107-1.

Nome: Gelyann 73, S.L.

CIF: B70118138.

Último enderezo coñecido: rúa Antonio Machado, 12-2º dereita, 15142 Arteixo (A Coruña).