Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2012/173-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: modificado II LMT, CT, RBT A Lagoa-Saa.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 656 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente da LMT SDM 7011932 ao CT Beade-Saa e final no CT proxectado A Lagoa-Saa. Centro de transformación de 400 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado no camiño Campo da Feira (contiguo ao Campo das Relfas). Dúas redes de baixa tensión, unha aérea e outra subterránea, de 719 e 538 metros de lonxitude respectivamente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Ed. Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43-5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 24 de xullo de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra