Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2012 Páx. 33997

VI. Anuncios

b) Administración local

Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de convocatoria para contratación do servizo de arrendamento dun inmoble, con mobles incluídos, para as dependencias da Xerencia de Urbanismo deste concello.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación do servizo de arrendamento dun inmoble, con mobles incluídos, para as dependencias da Xerencia de Urbanismo do Concello de Sanxenxo anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do servizo de arrendamento dun inmoble, con mobles incluídos, para as dependencias da Xerencia de Urbanismo do Concello de Sanxenxo.

2. Duración do contrato e prezo de licitación: o orzamento máximo de licitación por mes de 1.700 € (IVE incluído) (12 meses), de 1.404,96 €/mes, sen incluír o imposto sobre o valor engadido (en diante IVE), o IVE (21 %) ascende a 295,04 €/mes e o orzamento máximo de licitación por ano (12 meses), sen IVE, é de 16.859,50 €/ano, o IVE ascende a 3.540,50 €/ano. O orzamento anual con IVE é de 20.400,00 €/ano. O valor estimado do contrato (duración catro anos a partir do 25 de setembro de 2012) é de 67.438,00 €, o IVE ascende a 14.162,00 € e o valor estimado, co IVE, é de 81.600,00 €.

3. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

4. Lugar e prazo de presentación das ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado que será das 9.00 ás 13.00 horas dentro do prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que, se o prazo rematase en festivo ou sábado, se ampliará ao día seguinte hábil que non fose sábado.

5. Criterios de adxudicación. Serán os seguintes:

a) Local e mobiliario ofertados. Ata un máximo de cincuenta (50) puntos.

b) Prezo. Expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación por ano (12 meses), co IVE, que figura na cláusula 2ª do prego respectivo 20.400,00 €). Valorarase ata un máximo de cincuenta (50) puntos.

6. Mesa de contratación: constituirase de acordo o sinalado nas cláusulas 11ª, 12ª e 13ª dos pregos respectivos.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Garantías: provisoria, non se precisa. Definitiva, 5 % do prezo de adxudicación excluído o IVE.

9. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Tel.: 986 72 00 75.

10. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es Perfil de contratante.

Sanxenxo, 27 de xullo de 2012

Catalina González Bea
Presidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo