Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2012 Páx. 33983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2012, da Xerencia da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación do arrendamento sen opción de compra de oito vehículos tipo turismo para uso das diversas unidades desta estrutura de xestión integrada, así como o seu mantemento preventivo e correctivo, mediante procedemento aberto, adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática e tramitación ordinaria (AB-EIP1-12-004).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2. Domicilio: avda. de Vigo, 16.

3. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4. Teléfono: 986 88 51 33.

5. Telefax: 986 88 58 85.

6. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7. Dirección da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-12-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de subministración. Arrendamento (sen opción de compra).

b) Descrición: o arrendamento de oito vehículos tipo turismo para uso das diversas unidades da estrutura da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, así como o seu mantemento preventivo e correctivo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Montecelo.

1. Domicilio: Mourente s/n, Montecelo

2. Localidade e código postal: Pontevedra 36071.

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 34114300-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 142.372,86 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 113.898,24 euros. Importe total: 134.400 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte) ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2. Domicilio: r/ Loureiro Crespo, 2.

3. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura do sobre nº 2 dando lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) Data e hora: a data e hora de realización da apertura do sobre B publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión de tarifas: DOG: 5,42 €/liña (se é urxente 10,82 €/liña).

Pontevedra, 13 de xullo de 2012

José Manuel González Álvarez
Xerente da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés