Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2012 Páx. 33767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2012/0069-4).

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada nesta sección de sancións, do Servizo de Relacións Laborais en Vigo, a copia do auto de sobresemento e arquivamento do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra, recaído no procedemento abreviado número 230/2012, polo accidente laboral do traballador Alberto Barros Segade.

Os documentos que constan nos expedientes son:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación.

– Escrito de alegacións.

– Copia do auto xudicial.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que considere pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2012/0069-4.

Acta número: I362012000022129.

Empresa: Obras, Reformas y Construcciones de Pontevedra, S.L.

NIF/DNI: B94011319.

Enderezo: r/ Italia, 37, 1º, porta 7, Monteporreiro, Pontevedra.

Vigo, 30 de xullo de 2012

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo