Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMTS reordenación BAL 724 2ª fase.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 457 metros de lonxitude, con orixe no CT polígono 6 e final no CT polígono 7. A instalación está situada na zona de Coia, Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 30 de xullo de 2012
P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial