Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2012 Páx. 33749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica recuamento LMT e CT Xunqueira de Ambía II, no concello de Xunqueira de Ambía (expediente IN407A 2011/65-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento LMT e CT Xunqueira de Ambía II.

Situación: Xunqueira de Ambía.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 20 kV de 25 m con condutor RHZ1 e orixe na LMT ao CT Xunqueira de Ambía II, expediente 656-AT e remate no CT proxectado Xunqueira de Ambía II de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 34.055,88 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Ourense, 19 de xullo de 2012

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 xuño)
A. Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial