Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2012 Páx. 33800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2012, do presidente do ente público Portos de Galicia, pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Ares.

O ente público Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Ares (A Coruña) en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, dispoñendo para isto do prazo de 45 días que se contarán a partir do día seguinte da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona norte de Portos de Galicia, rúa Nicomedes Pastor Díaz, 13, 1º, 27002 Lugo, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará á disposición na web www.portosdegalicia.com, na epígrafe de pregos e documentos.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia