Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2012/174-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: modificado I LMT, CT, RBT Aciquelo-Barcalla-Donas.

Situación: Gondomar.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 978 metros de lonxitude, con orixe no CT existente Donas e final no CT proxectado Aciquelo-Barcalla. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Aciquelo, A Barcalla, parroquia de Donas, Gondomar. Rede de BT subterránea de 92 metros con condutor XZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo avda. Fernández Ladreda, 43-5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 24 de xullo de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra