Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33458

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pol

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para reforma e ampliación de almacén agrícola.

Ángel Antonio Fernández Ramos, en representación de SAT Pazo de Eiras, solicitou desta alcaldía licenza municipal para reforma e ampliación de almacén agrícola e silos forraxeiros na parcela 636, polígono 6, o que se somete a información pública de acordo co establecido no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de 20 días para os efectos de alegacións que os interesados consideren oportunas.

Pol, 7 de agosto de 2012

Lino Rodríguez Ónega
Alcalde