Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 35/2010).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I recuamento LMT, CTC avda. das Mariñas.

Situación: concello de Oleiros.

Características técnicas:

Tramo de liña eléctrica de media tensión subterránea, SMC-703, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,096 km, coa orixe no paso aéreo-soterrado a realizar en apoio nº 25/1 proxectado para intercalar na LMT SMC-703 (que forma o dobre circuíto coa liña SMC-704), tramo entre a subestación San Marcos (expediente 27.663) e a derivada a CS Xeriátrico Milenium, condutor tipo RHZ1 e final en paso aéreo-soterrado para realizar en apoio nº 25/2 proxectado para intercalar na LMT SMC-703 (que forme o dobre circuíto coa liña SMC-704), tramo entre a subestación San Marcos (expediente 27.663) e derivada a CS Xeriátrico Milenium.

Tramo 1. Liña eléctrica de media tensión subterránea, SMC-704, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,123 km, coa orixe no paso aéreo-soterrado para realizar en apoio nº 25/1 proxectado para intercalar na LMT SMC-704, tramo entre a derivada ao CT Coroto (expediente 31.414) e o CT. Mesón da Auga nº 1 (expediente 330/04), condutor tipo RHZ1 e final en empalmes proxectados na LMT SMC-704 ao CT Mesón da Auga nº 1 (expediente 330/04).

Tramo 2. Liña eléctrica de media tensión subterránea, SMC-704, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,137 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMT subterránea SMC-704 de CT Mesón da Auga nº 2 (expediente 330/04), condutor tipo RHZ1 e final no paso aéreo-soterrado para realizar en apoio nº 25/2 proxectado para intercalar na LMT SMC-704, tramo entre o CT Mesón da Auga, nº 2 (expediente 330/04) e o CT As Pedreiras (expediente 17.422), realizando entrada e saída no novo CT Mesón das Augas (proxectado).

Novo centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 9 de xullo de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña