Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33184

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 13 de agosto de 2012 pola que se modifican os concertos educativos con centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial e ciclos formativos de grao medio e superior.

Mediante Orde desta consellería do 9 de xaneiro de 2009, publicada no DOG do 21 de xaneiro, ditáronse as normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados a partir do curso académico 2009-2010, de conformidade co establecido na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación; na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos. A duración dos concertos subscritos será por un período de 4 anos, ata o curso 2012-2013.

Mediante Orde do 26 de agosto de 2009 (DOG do 31 de agosto), modificada polas ordes do 21 de decembro de 2009 (DOG do 30 de decembro), do 11 de agosto de 2010 (DOG do 23 agosto) e do 12 de agosto de 2011 (DOG do 19 de agosto), aprobáronse os concertos educativos con centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial, ciclos formativos de grao medio e de grao superior.

De conformidade co previsto na Orde do 9 de xaneiro de 2009, en relación co Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, os concertos poderán modificarse a partir do curso 2010-2011 por instancia de parte ou de oficio, seguindo o procedemento que a orde determina.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Modificación dos concertos vixentes

1. Modificar, segundo se detalla no anexo I da presente orde, os concertos educativos subscritos cos centros docentes privados aprobados pola Orde do 26 de agosto de 2009, modificada polas ordes do 21 de decembro de 2009, do 11 de agosto de 2010 e do 12 de agosto de 2011.

2. Estes concertos terán vixencia ata o final do curso 2012-2013.

Segundo. Formación en centros de traballo

Aprobar a formación en centros de traballo para os ciclos formativos de grao medio e grao superior de duración dun curso, que se realizará nos meses de setembro a novembro de 2012, segundo se detalla no anexo II.

Terceiro. Formalización do concerto

1. As modificacións efectuaranse mediante addenda ao documento administrativo de formalización de concerto educativo subscrito polo centro, que asinará a persoa titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, de conformidade coa Orde do 25 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias nos órganos superiores e periféricos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. Os centros afectados acreditarán ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, que se encontran ao día no pagamento de todas as súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

3. Se a titularidade do centro non subscribise o documento de formalización na data en que se lle notifique, entenderase decaído no seu dereito.

Cuarto. Efectos da modificación

Esta orde terá efectos económicos e administrativos do 1 de setembro de 2012.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Educación infantil

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

32001610

CPR Madre de Dios

Barbadás

Ourense

Suprimir concerto en 1 unidade

32008458

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

Ourense

Ourense

Incrementar concerto en 1 unidade

32016194

CPR Guillelme Brown

Pereiro de Aguiar

Ourense

Incrementar concerto en 1 unidade

32020720

CPR Miraflores

Pereiro de Aguiar

Ourense

Incrementar concerto en 1 unidade

Educación primaria (EP) e Educación secundaria obrigatoria (ESO)

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

32001610

CPR Madre de Dios

Barbadás

Ourense

Suprimir concerto en 5 unidades de primaria

36005427

CPR Plurilingüe Lar

Mos

Pontevedra

Incrementar concerto en 1 unidade de primaria

36009925

CPR Plurilingüe Amor de Dios

Vigo

Pontevedra

Suprimir concerto en 1 unidade de 3º de ESO

Educación especial

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15032674

CPR Amicos

Ribeira

A Coruña

Concertar 1 unidade (autistas)

32020823

CPR Ilustre Mestre

Ourense

Ourense

Incrementar concerto en 1 unidade (autistas)

36015287

CPR Aspanaex

Vigo

Pontevedra

Suprimir concerto 1 unidade (psíquicos)

Concertar 1 unidade (plurideficientes)

36019815

CPR Amencer

Pontevedra

Pontevedra

Incrementar concerto en 1 unidade (plurideficientes)

Ciclos formativos de grao medio

Código

Denominación
do centro

Concello

Provincia

Modificación

15004061

CPR Cervantes

A Coruña

A Coruña

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidades)

Suprimir concerto do curso de Xestión Administrativa e do curso de Comercio (2 unidades)

15021986

CPR Cruz Roja Española

A Coruña

A Coruña

Concertar o 2º curso de Farmacia e Parafarmacia (1 unidade)

Suprimir cto. do 1º curso de Farmacia e Parafarmacia (1 unidade)

15004231

CPR Karbo

A Coruña

A Coruña

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidades)

Suprimir concerto do curso de Xestión Administrativa e do curso de Comercio (2 unidades)

15004782

CPR La Grande Obra de Atocha

A Coruña

A Coruña

Concertar o 2º curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

A Coruña

A Coruña

Concertar o 2º curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

15005488

CPR López de Vicuña

A Coruña

A Coruña

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidades)

Suprimir concerto do curso de Xestión Administrativa e do curso de Comercio (2 unidades)

15004356

CPR Nebrija Torre de Hércules

A Coruña

A Coruña

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidades)

Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (2 unidades)

15004541

CPR San Sandrés

A Coruña

A Coruña

Concertar o 2º curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

15020313

EFAG El Piñeiral

Arzúa

A Coruña

Concertar o 1º curso de Panadaría, Repostaría e Confeitaría (1 unidade)

Suprimir cto. do 2º curso de Panadaría, Repostaría e Confeitaría (1 unidade)

15010769

CPR Plurilingüe María Assumpta

Noia

A Coruña

Concertar o 2º curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

15009470

CPR Loyola

Mugardos

A Coruña

Concertar o 2º curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

15026649

CPR Divino Maestro

A Pobra

A Coruña

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidades)
Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

15013461

CPR San José

Pontedeume

A Coruña

Concertar o 1º curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

27011718

CPR Belarmino Fernández Iglesias

Sober

Lugo

Concertar o 1º curso de Servizos en Restauración (1 unidade)

Suprimir cto. do 2º curso de Servizos en Restauración (1 unidade)

32015530

CPR Estudios San Martín

Ourense

Ourense

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidade)

Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (2 unidades)

32008914

CPR Santo Cristo

Ourense

Ourense

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidades) Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

32009189

CPR Ramón María del Valle-Inclán

Ourense

Ourense

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidades)

Suprimir concerto do curso de Xestión Administrativa e do curso de Comercio (2 unidades)

36005671

EFAG A Cancela

As Neves

Pontevedra

Concertar o 1º curso de Panadaría, Repostaría e Confeitaría (1 unidade)

Suprimir cto. do 2º curso de Panadaría, Repostaría e Confeitaría (1 unidade)

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidades) Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

36000417

CPR San Fermín

Caldas de Reis

Pontevedra

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidades)

Suprimir cto. do 1º curso de Equipos Electrónicos de consumo (1 unidade) e do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

36018033

CPR Vigo

Redondela

Pontevedra

Concertar o 1º curso de Instalacións Eléctricas e Aut. (1 unidade)

Suprimir cto. do 1º curso de Equipos Electrónicos de consumo (1 unidade)

36011622

CPR Aloya

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

36013795

CPR Cebem

Vigo

Pontevedra

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidades)

Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

36011853

CPR Daniel Castelao

Vigo

Pontevedra

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidades)

Suprimir cto. do curso de Comercio (1 unidade) e de Xestión Administrativa (1 unidade)

36016152

CPR Divino Maestro

Vigo

Pontevedra

Concertar o 1º curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

36016723

CPR Mendiño

Vigo

Pontevedra

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidades)

Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

36011191

CPR Plurilingüe Montecastelo

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso de Sistemas Microinformáticos e Redes (1 unidade)

36011348

CPR San Miguel

Vigo

Pontevedra

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidades)

Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade) e do curso de Comercio (1 unidade)

36011521

CPR Vivas

Vigo

Pontevedra

Concertar o 1º e 2º cursos de Xestión Administrativa (2 unidades)

Suprimir cto. do curso de Xestión Administrativa (1 unidade)

Ciclos formativos de grao superior

Código

Denominación
do centro

Concello

Provincia

Modificación

36011622

CPR Aloya

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso de Laboratorio de Diagnóstico Clínico (1 unidade)

Suprimir cto. do 2º curso de Restauración (1 unidade)

36013795

CPR Cebem

Vigo

Pontevedra

Suprimir 1º curso de Desenvolvemento de Aplic. Informáticas (1 unidade)

36011191

CPR Plurilingüe Montecastelo

Vigo

Pontevedra

Suprimir concerto do 2º curso de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas (1 unidade)

36011609

CPR Colegio Hogar Caixanova

Vigo

Pontevedra

Concertar o 1º curso de Mantemento Electrónico (1 unidade)

Suprimir concerto do 1º curso de Desenvolvemento de Produtos Electrónicos (1 unidade)

36011521

CPR Vivas

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (1 unidade)

Suprimir concerto do 1º e o 2º cursos de Desenvolvemento de Aplic. Informáticas (2 unidades)

Programas de cualificación profesional inicial

Código

Denominación
do centro

Concello

Provincia

Modificación

15026649

CPR Divino Maestro

A Pobra

A Coruña

Suprimir concerto de 1 unidade de Servizos Administrativos

32008914

CPR Santo Cristo

Ourense

Ourense

Suprimir concerto de 1 unidade de Servizos Administrativos

36005671

EFAG A Cancela

As Neves

Pontevedra

Suprimir concerto de 1 unidade de Servizos Administrativos

36016723

CPR Mendiño

Vigo

Pontevedra

Suprimir concerto de 1 unidade de Servizos Administrativos

ANEXO II
Formación en centros de traballo (FCT)

Ciclos medios

Provincia: A Coruña.

Código

Centro

Concello

Unidades

FCT ciclos medios

15020313

EFAG El Piñeiral

Arzúa

1

Comercio

1

Coidados Auxiliares de Enfermaría

15004061

CPR Cervantes

Coruña, A

1

Comercio

15021986

CPR Cruz Roja Española

Coruña, A

1

Coidados Auxiliares de Enfermaría

15004794

CPR Fogar de Santa Margarida

Coruña, A

1

Comercio

15004231

CPR Karbo

Coruña, A

1

Comercio

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

Coruña, A

1

Coidados Auxiliares de Enfermaría

15005488

CPR López y Vicuña

Coruña, A

1

Comercio

15004356

CPR Nebrija Torre de Hércules

Coruña, A

2

Coidados Auxiliares de Enfermaría

1

Comercio

15010769

CPR Plurilingüe María Assumpta

Noia

1

Comercio

Provincia: Ourense.

Código

Centro

Concello

Unidades

FCT ciclos medios

32015530

CPR Estudios San Martín

Ourense

2

Coidados Auxiliares de Enfermaría

32008914

CPR Santo Cristo

Ourense

1

Coidados Auxiliares de Enfermaría

1

Comercio

32009189

CPR Ramón María del Valle-Inclán

Ourense

1

Comercio

Provincia: Pontevedra.  

Código

Centro

Concello

Unidades

FCT ciclos medios

36000417

CPR San Fermín

Caldas de Reis

1

Comercio

36018033

CPR Vigo

Redondela

1

Comercio

36011609

CPR Colegio Hogar Caixanova

Vigo

1

Impresión en Artes Gráficas

36011853

CPR Daniel Castelao

Vigo

1

Comercio

36016152

CPR Divino Maestro

Vigo

2

Coidados Auxiliares de Enfermaría

36010794

CPR Fillas de María Inmaculada

Vigo

1

Comercio

36016723

CPR Mendiño

Vigo

2

Coidados Auxiliares de Enfermaría

1

Comercio

36011348

CPR San Miguel

Vigo

1

Comercio

2

Coidados Auxiliares de Enfermaría

36011521

CPR Vivas

Vigo

1

Coidados Auxiliares de Enfermaría

Ciclos superiores

Provincia: A Coruña.  

Código

Centro

Concello

Unidades

FCT ciclos superiores

15020313

EFAG El Piñeiral

Arzúa

1

Xestión Comercial e Márketing

15005270

CPR Novacaixagalicia

Coruña, A

2

Secretariado

Provincia: Pontevedra.  

Código

Centro

Concello

Unidades

FCT ciclos superiores

36011622

CPR Aloya

Vigo

1

Secretariado

36013795

CPR Ceben

Vigo

1

Secretariado

36011361

CPR San José de la Guía

Vigo

2

Integración Social