Con data do 25 de xuño de 2012, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 2012028TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Bandía Brito López, titular do establecemento Bar Jarcha.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Bandía Brito López, titular do establecemento Bar Jarcha, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2012
Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Nº expediente: 2012028TA-PO.
Denunciada: Bandía Brito López, titular do establecemento Bar Jarcha.
DNI/CIF: 44081453-K.
Último enderezo coñecido: rúa Santa Teresa de Jesús Jornet, 22, baixo, Pontevedra.
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Precepto/s infrinxido/s: artigo 42 da Lei 8/2008; artigos 4.d), 19.3.n) e 20.1 da Lei 28/2005, do 26 de decembro.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 601 €.