Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador en materia de xogo P-1/11.

Intentada a práctica da notificación directa a Francisco Vidal González, en relación co expediente sancionador en materia de xogo P-1/11 que se relaciona no anexo que se achega, e ao non poder efectuarse, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior resolve, ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), proceder á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Soutomaior (Pontevedra).

A persoa interesada poderá examinar a citada resolución completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, nº 25-27, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2012

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: P-1/11.

Interesado: Francisco Vidal González.

DNI: 77001996-C.

Último enderezo coñecido: avda. Alfonso Rodríguez Castelao, 35 baixo, Arcade, Soutomaior (Pontevedra).

Data da resolución: 2 de xullo de 2012.

Tipificación e precepto infrinxido: caducidade.